Aínda que máis tarde do habitual, este ano 2012 celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting os días 20 e 21 de outubro coa novidade de que adicaremos un día completo ó FPV (First Person View).
O programa é o seguinte:
- Sábado 20: Xornada adicada ó FPV, mostraremos cómo funcionan os avións sen piloto, cómo é un cuadracóptero e como se ve dende a perspectiva do avión. Ademáis, ó longo do día, teremos dispoñibles equipos de RC de iniciación con dobre mando para todos os interesados en realizar o seu baptismo aéreo de radio control. Asemade, mostraremos voos de avións a escala de distinto tipo. Comezaremos sobre ás 10 da mañá e remataremos cando xa non teñamos luz!
- Domingo 21: As 10 se realizará a proba de F5J que foi suspendida en maio, e seguiremos facendo demostracións de voos de FPV e de iniciación despóis da mesma. Contaremos tamén cun «mercadillo».
Como organizador e convidado especial, contamos co noso socio Aquilino Abeal e a súa empresa Aeromedia. Eles e outros pilotos nos explicarán qué é o FPV. Xa vos adelantamos que o FPV é o voo en primeira persoa, isto é, voar un avión ou helicóptero de radiocontrol pero utilizando unha cámara e outros aparellos para ter a sensación de estar voando dentro da aeronave. Esta é a mesma tecnoloxía que utilizan os avións no tripulados ou UAV. Aquí tedes unha mostra do que esta xente é capaz de facer: