FunFly Maraton aeromodelistico

Durante el maratón aeromodelistico el próxim fin de semana, habrá un FunFly abierto en el que puede participar cualquiera.

Normas

Podrá participar cualquier avión sin limitaciones de envergadura y motorización, no drones ni helicopteros

Se realizaran mangas de 4 minutos, al menos 3, repitiendo la secuencia de competición tantas veces como de tiempo u por el orden establecido.

Durante los 4 minutos puede despegarse y arrancar el avión tantas veces como se desee.

El juez de pista avisará del final del tiempo de vuelvo, momento a partir del cual habrá 20 segundos para el aterrizaje.

Secuencia de competición

1.- Despegue

2.- Rizo interior, 10 puntos.

3.-  Paso limbo, positivo 20 puntos, invertido 50 puntos.

4. Rizo exterios o caida de ala, 5 puntos.

5.- Toca y sigue:
    – Fuera de marcas 5 puntos
    – En marcas 10 metros 20 puntos
    – En marcas 5 metros 30 puntos.

6 Aterrizaje de precisión:
    – Fuera de marcas 0 puntos
    – En marcas 10 metros 20 puntos
    – En marcas 5 metros 40 puntos.

Cea de nadal – 2016

A tradicional cea de Nadal do clube do ano 2016 será o día sábado 3 de decembro no Restaurante O’Secreto,  ás 22:30. No enderezo:

Telf: 981 916 010

O menú consistirá en:

  • Empanada
  • Pulpo
  • Zamburiñas
  • Sapitos
  • Zorza
  • Bebida y postres varios.

O precio será de 25€.

Para apuntarse, temos varias opcións:

Centollo Meeting 2016

En só un mes celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting! A concentración de aeromodelismo que organiza o Club de Voo As Gaivotas terá lugar os días 27 e 28 de agosto de 2016. Xa algúns pilotos confirmados, con algunhas novidades novidades coma un pequeno concurso para iniciarse á acrobacia e tamén ao voo de veleiros eléctricos. Teremos en breve máis información.

Non esquezas a data do 27 e 28 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

IX Rally Arteixo

Aínda que parezca extraño, o vindeiro día 30 de maio, o Clube As Gaivotas participará na IX edición do Rally Arteixo de vehículos históricos. Ese sábado, a proba realizará unha parada nas instalacións de aeromodelismo de Rodís (Cerceda) para disfrutar dunha exhibición de aeromodelismo que realizaremos para eles. O horario da exhibición será de 18:30 a 20:00 e será aberta a todo o público interesado. É unha oportunidade única para disfrutar do mundo do motor tanto na súa versión terrestre como aérea!

Se ere piloto e queres vir a voar, envía a túa inscripción a contacto@asgaivotas.com. Dado que se trata dunha exhibición, será necesario demostrar as habilidades de voo previamente, polo que as verificacións se farán a partires das 16:00 e ata as 18:00.

Probas e eventos para o ano 2015

As probas e eventos aprobados en asamblea para este ano 2015 son os seguintes:

  • VII Open Internacional de F3A Cerceda 2015 – 27 e 28 de xuño
  • Centollo Meeting e Campionato Galego de F3K – 29 e 30 de agosto
  • II Open Nacional de F5J A Queimada 2015 (categorías K4 e K6) – 12 e 13 de setembro
Agardamos a túa participación!!!

Centollo Meeting 2014

Xa temos todo listo para unha nova edición do Centollo Meeting! Será este fin de semán e queremos que sexa a maior exhibición de aeromodelismo do noroeste español. Xa temos confirmados máis de 15 pilotos, este ano con novidades coma a demostración de voo circular e a presencia de avións de máis tipos e categorías que o ano pasado. Se queres ter toda a información do evento, accede á páxina web:

www.centollomeeting.com

Non esquezas a data, será os vindeiros 30 e 31 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Calendario de Probas para o 2014

Xa temos as datas finais das probas e eventos que faremos neste ano 2014:

  • F5J: Realizaremos dúas probas este ano, unha de caracter autonómico e a outra nacional. Dado o éxito obtido nestos dous anos, pensamos que xa é hora de plantexar unha normativa máis acorde coa doutras comunidades, máis sempre pensando en que calquer tipo de veleiro eléctrico poida competir. É por iso que usaremos a normativa K4-K6, que plantexa asignar un tempo limitado de motor en función do peso e consumo do modelo. Deste xeito, a primeira proba servirá para que tomemos contacto coa modalidade e, así, a segunda proba servirá para medirnos con xente de fora. Así teremos:
    • Campionato Galego F5J As Gaivotas – 2014: Será os días 10 e 11 de maio na pista de A Queimada en Oza-Cesuras. A idea é aproveitar o sábado para facer unha pequena introducción á modalidade e treinarnos nela. O noso compañeiro Daniel Samaniego será o encarregado de facelo. O domingo pola mañá faremos a proba. Ó ser unha proba oficial de caracter rexional será necesario contar coa licencia autonómica preceptiva.
    • I Open Nacional de F5J As Gaivotas – 2014: Será no fin de semana do 27 e 28 de setembro tamén na pista de A Queimada. Esta proba estará aberta a todos os pilotos nacionáis con licencia e poderá seguirse tamén na páxina oficial da especialidade F5J.es.
  • F3A: O tradicional Open Internacional de F3A – Cerceda 2014 – World Cup terá lugar os días 28 e 29 de xuño na pista de Rodís en Cerceda. Xa vamos pola VII edición, aínda que este ano, dada a falta de apoio económico oficial, terá que ser algo máis austero.
  • Centollo Meeting: A xa consolidada xuntanza e exhibición de aeromodelismo acadou o ano pasado un éxito sen precedentes, a pesares de que o tempo non acompañou. Este ano, continuaremos nesa liña mantendo a convocatoria para o derradeiro fin de semana de agosto: os días 30 e 31. Coma sempre, manteremos máis información na páxina específica do maior evento de aeromodelismo do noroeste.

E recordade todos os amantes do mundo aeronáutico que, este ano, os coruñeses estamos de noraboa. Por si non estades ao tanto, os días 18, 19 e 20 de xullo celebrarase o Festiva Aéreo da Coruña, tomando o relevo neste caso a Vigo. A disfrutar deste ano aeronáutico!!!

Resultados da Segunda Proba de F5J e Clasificación da Liga 2013

O pasado domingo 22 de setembro, cun tempo estupendo, celebrouse a segunda proba do ano 2013 da especialidade de veleiros eléctricos F5J que, co tempo, vai gañando adeptos e, así, tivemos mesmo a honra de contar con dous grandes pilotos asturianos. Deste xeito, voáronse 4 mangas co resultado seguinte:

Así, pechabamos a tempada da Liga de F5J Galega, polo que os resultados serviron para determinar a clasificación final, que foi a seguinte:

Dende a Directiva felicitamos a tódo-los participantes e animamos aos que aínda non o fixeron a que se preparen para facelo o vindeiro ano, pois é unha especialidade que paga a pena. Moitas grazas a todos e parabéns aos gañadores!