Mapa de uso de la pista y nuevo reglamento

Como comentamos en reunión, hay que indicar por ley un reglamento que discutiremos próximamente para su aprobación.

El reglamento incluye un mapa de uso de la pista, siguiendo la reglamentación RFAE.

En esta entrada incluimos tanto el borrador del reglamento, como el mapa de uso de la pista, para su consulta y discusión en la reunión.

La reunión se realizará aproximadamente dentro de un mes.

DCIM100MEDIADJI_0011.JPG

Descarga el mapa de uso de la pista a tamaño completo.

Reglamento General Club de vuelo As Gaivotas

Reunión extraordinaria del club

El domingo día 5 de marzo a las 10:30 se convoca una reunión por parte de la directiva actual en las instalaciones de la pista de Cerceda. Los asuntos a tratar serán los siguientes:

-Presentación de la nueva directiva

-Calendario de actividad 2017

-Consulta para modificación de los estatutos actuales

-Entrega de pin conmemorativo XXV a los socios que todavía no lo han    recibido

-Foro de consultas y propuestas

Agradecemos de antemano la asistencia a todos los que puedan asistir ya que los temas a tratar son importantes para mantener la actual dinámica del club.

Resultado da Elección de Presidente

Tras o reconto de votos, o candidato D. José Manuel Miranda foi o elexido como novo Presidente do Clube As Gaivotas. Dende a Xunta Directiva en Funcións comprometémonos a axilizar os trámites para que o traspaso de poderes se realice no mínimo tempo posible.

————-

Miguel Ángel García

Presidente en Funcións do Clube As Gaivotas

Listado de Candidaturas á Presidencia do Club As Gaivotas

Estimados socios:

Unha vez rematado o prazo, as candidaturas á Presidencia do Clube As Gaivotas son as seguintes:

  • Juan Luis Sánchez Guerra
  • José Luis Rodríguez Canteli
  • José Manuel Miranda López

Recordar que o vindeiro 16 de outubro de 2016 ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria, convócase a tódo-los socios do Clube á Asamblea Xeral Extraordinaria na Pista de Voo de Rodís, s/n (Cerceda) para a votación e elección do novo Presidente.

————

Miguel Ángel García

Presidente en Funcións do Clube As Gaivotas

Convocatoria de Asamble Xeral e Calendario Electoral

Cumprindo o acordado na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 25 de setembro de 2016, se establece que:

Calendario Electoral

  • O vindeiro 16 de outubro de 2016 convocarase a tódo-los socios en Asamblea para elexir, mediante voto segredo, ao Presidente do Clube As Gaivotas.
  • O prazo de presentación de candidaturas á Presidencia comezará o día 2 de outubro e finalizará o día 9 de outubro de 2016.
  • As candidaturas poderán presentarse mediante envío dun correo electrónico á dirección do Clube contacto@asgaivotas.com.
  • A partires do día 10 de outubro de 2016, faranse públicos os nomes dos candidatos mediante a súa publicación na páxina web do clube.
  • Os candidatos que así o desexen, poderán adxuntar o seu programa electoral que será subido á web xunto coa súa candidatura.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria

Convócase a tódo-los socios do Clube á Asamblea Xeral Extraordinaria na Pista de Voo de Rodís, s/n (Cerceda), para o vindeiro 16 de outubro de 2016 ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da Asamblea anterior.
  • Aprobación, se procede, das contas do clube correspondentes ao período do 1 de xaneiro do 2016 ao 16 de outubro de 2016.
  • Presentación dos candidatos á Presidencia do Clube.
  • Elección do Presidente do Clube mediante votación segreda.

Dada a importancia da Asamblea, animo a tódo-los socios a que acudan a esta convocatoria. O futuro do clube está nas túas mans.

—————-

Miguel Ángel García

Presidente do Clube As Gaivotas

Convocatoria de Asamblea Extraordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Extraordinaria do «Club de Vuelo As Gaivotas» para o día 25 de setembro de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Propostas de actividades, probas e eventos para o ano 2017.
  • Presentación da candidatura do Clube para a organización do Campionato Europeo de F3A no 2018.
  • Calendario electoral e prazos de presentación de candidaturas para a Presidencia do Clube.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois temos que tratar asuntos de relevancia para o futuro do noso clube.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do «Club de Vuelo As Gaivotas»

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Ordinaria do «Club de Vuelo As Gaivotas» para o día 3 de abril de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Aprobación, se procede, das contas do Clube correspondentes ao exercicio do ano 2015.
  • Actividades, probas e eventos previstos para o ano 2016.
  • Propostas de actividades, probas ou eventos de interese e solicitude de socios dispostos a formar parte da Xunta Directiva como vocais responsables de xeri-las.
  • Aprobación, se procede, do orzamento do Clube correspondente ao exercicio do ano 2015.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois para garantir a continuidade das actividades deportivas que desenvolve o club, é vital contar coa vosa colaboración para organizar estes eventos. Tedes que ter en conta que a actual Xunta está composta de só tres socios, polo que, para nós É IMPOSIBLE XERIR MÁIS ACTIVIDADES. Por eso animo a quen teña interese e dispoña dun pouco de tempo para doar ao seu clube, que presente as súas ideas nesta Asamblea ou que se presente coma vocal para xestiona-las mesmas.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do «Club de Vuelo As Gaivotas»

Cea de Nadal – 2015

A tradicional cea de Nadal do clube do ano 2015 será o día sábado 12 de decembro no Restaurante O Silandeiro ás 22:00. É perto da Estación de Autobuses, no enderezo:

Avda. de Chile, 8, Baixo

15006 A Coruña

Telf: 881 06 83 72

O menú aínda está por decidir, pero será económico coma sempre (en torno aos 20-25 €).

Para apuntarse, temos varias opcións:

¡Veña, apúntate e vémonos alí!

Centollo Meeting 2015

Aunque este año ha sido todo un poco precipitado, el fin de semana del 5 y 6 de septiembre celebraremos una nueva edición del Centollo Meeting, la concentración de aeromodelistas del Club As Gaivotas. Si estás interesado en participar, envía un correo a contacto@asgaivotas.com.