Dimisión do Presidente e Prazo para Candidaturas

Dimisión do Presidente e da Xunta Directiva

Na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado día 25 de novembro, D. Angel de Real presentou a súa dimisión como Presidente do Club de Vuelo As Gaivotas. Deste xeito, queda disolta á actual Xunta Directiva. Seguindo os prazos aprobados na devandita asamblea, a continuación detallamos o calendario electoral:

  • Ata o 15 de decembro de 2012 (inclusive): presentación de candidaturas.
    • As candidaturas poderanse presentar por email enviado a contacto@asgaivotas.com ou por correo á dirección social do clube:

Club de Vuelo As Gaivotas
Rúa Mesón do Vento, 21 (Casa do Concello)
15185 Cerceda
A Coruña

  • O día 30 de decembro de 2012: Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección do Presidente do Clube.

En Cerceda, a 25 de novembro de 2012

O Secretario.

Miguel Angel García Sánchez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *