Inscripción para proba en As Gaivotas

Como xa sabedes foi anunciado a celebración de probas F3A, F3A-B e F3A-C puntuables para o campionato galego de aeromodelismo para o día 23 de setembro de 2007. Pois, comunicase a apertura de inscripción para el. Para inscribirse chega con mandar un correo a contacto@asgaivotas.com, ou chamar aos seguintes números de teléfono:

José Manuel Miranda: 670969614

Agustín Rey:  679427855

Teredes que proporcionar os seguintes datos:

Nome e apelidos

DNI

Clube ao que pertencedes

Frecuencia

En que modalidade ides participar 

 

 O custo da inscripción será de 5 euros.

 

Campionato en pista de As Gaivotas

Estamos moi contentos de comunicar que o próximo día 23 de setembro as 10 da mañá escomenzarán as probas do campionato galego de acrobacia nas especialidades: F3A,F3A-B e F3A-C.

Estas probas se desenrolarán ao longo do deste domingo, e se realizarán (por fin) na nova pista que o clube ten no concello de Cerceda. Estades todos convidados a participar en este día.

 Nos vemos ese día, non faltedes. Teredes ocasión de estrenar unha pista.

08/08/2007 Recreación da pista de Cerceda

Esta é unha imaxe recreando o que será a nova pista en Rodís – Cerceda.

 

 

¿Que boa pinta verdade?

Estamos citados co alcalde e a empresa a cal se lle concedeu a realización do proxecto, este luns hai previsión de iniciar as obras.

 Todo está máis preto.

Instalacións de A Queimada

A pista que o clube ten en Oza dos Rios, no lugar de A Queimada, é unha

pista propiedade do clube. A pista ten todo o que unhas instalacións de

primeira orde para practicar este deporte pode esperar.

 

As instalacións contan con:

  1. Pista asfaltada de 150×15
  2. Zona de pilotos
  3. Zona de aparcamento
  4. Alpendre para pilotos 

 Esta pista ten xa moitos anos no clube, e foi conseguida ao esforzo

de moitos socios, que en un arrinque de valentía mercaron os terreos

á conta do seu propio diñeiro.

 

Continue reading «Instalacións de A Queimada»

Instalacións de Cerceda

A pista que o clube ten en Cerceda, no lugar de Rodís, é unha pista de

caracter municipal. Consta de uns 8000 m2 e ten todo o que unhas

instalacións de primeira orde para practicar este deporte pode esperar.

A súa orientación é ao norte, e os ventos predominantes son

Norte/Noroeste.  Está totalmente despexado en todas as súas caras.

Actualmente está en construcción, e a idea é que estea ao longo do mes

de Agosto deste ano para poder celebrar unha proba do campionato

galego de acrobácia.

Esta é unha vista dos terreos da futura pista

 

 

Unha vista aérea

Continue reading «Instalacións de Cerceda»

02/03/2007. Novas sobre a pista en Cerceda

Notición.

 Este será o terreo completo para a nova pista. Agora disporemos de 6000m2 máis.

Dende a Alcaldía de Cerceda nos invitan a que lle levemos o novo plano de ubicación das distintas partes da pista para escomenzar as obras. O obxectivo e ter as obras rematadas para celebrar en setembro o campionato galego.

Este é o link á nova pista en Google Maps (enlace)

Festival en Cerceda

O día 28 de Xullo o clube de aeromodelismo As Gaivotas participou no programa das festas do Cochiño celebradas no concello de Cerceda. A reunión foi todo un éxito de organización, participación de socios e asistentes ao evento.

A organización correu ao cargo do noso compañeiro Agustín Rey, rozando o sublime na organización e o exquisito na preparación da queimada.

O evento escomenzou con unha comida de confraternización dos socios e familia, e continuou esa mesma tarde con uns voos de demostración ante un bo número de asistentes. 

Esperamos repetir un ano máis a experiencia polo boa que foi.

Mención especial para Agustín, ao cal lle mostramos o noso agradecemento e esforzo feito para que este evento fose tan bo como foi.

 

¿Agustín … cando montas outra? 😉 

Reapertura da páxina web

Xa estamos de novo por aquí.

Para quen non se enterara, fai cousa de un tempo atrás, esta web sufríu un ataque de "alguén", e dende esas mantívose sen a súa actualización pertinente.

En todo este tempo pasaron cousas interesantes e non vos poidemos manter informados. Esperamos ir retomando o control e republicando algúns contidos.

 Un saudo

webmaster 

Benvida

Así escomenzou todo fai case 25 anos, a idean intrépida de un puñado de coruñeses fixo posible a existencia deste noso clube, que segue vivo ata hoxe en día.

Hoxe, o clube ten unhas instalacións en propiedade situadas no lugar de A Queimada no concello de Oza dos rios, e moi pronto, se terá unha segunda pista cedida polo concello de Cerceda. E para que se vexa que é un clube vivo … xa temos un xuiz nacional, e dous socios participando en competicións nacionais.

Se queres aprender e introducirte no hobby, non dubides en contactar connosco, e iso si, non esquezas antes de mercar calqueira tipo de material para iniciarte, falar con xente que xa estea no "mundillo" e te guie na elección do mellor material para o comezo.

 Benvido.

Continue reading «Benvida»

Historia do clube

 

 

En campos preto de A Coruña, e por libre, escomenza a actividade aeromodelista, pero pouco a pouco os distintos afeccionados a esta actividade vanse xuntando nas chamadas Marismas de Betanzos. É en este lugar onde empeza e se experimenta xa con modelos de certa calidade, e con elo xurde a necesidade de organizarse e loitar para que esta afección poidese ser unha actividade normal e cómoda coa vida cotiá. Son os primeiros pasos, o xerme do que hoxe se coñece como Clube de Aeromodelismo As Gaivotas.

Continue reading «Historia do clube»