En campos preto de A Coruña, e por libre, escomenza a actividade aeromodelista, pero pouco a pouco os distintos afeccionados a esta actividade vanse xuntando nas chamadas Marismas de Betanzos. É en este lugar onde empeza e se experimenta xa con modelos de certa calidade, e con elo xurde a necesidade de organizarse e loitar para que esta afección poidese ser unha actividade normal e cómoda coa vida cotiá. Son os primeiros pasos, o xerme do que hoxe se coñece como Clube de Aeromodelismo As Gaivotas.
Despois de moitas situacións, xestións, intencións, ideas, etc … é polo ano 1983 cando nace o que se chamará Clube de Voo Cambre, o cal, en un principio tratou de xuntar toda a actividade aérea da zona, non só a parte de aeromodelismo, que máis tarde daría nacemento a este clube.
En ese punto da nosa historia, dependíamos a efectos legais da FENDA (Federación Española de los Deportes Aéreos). Institución lonxana, xa que a súa sede social se atopaba en Madrid e a súa lonxanía facíase patente na nosa actividade.

Coa historía o clube foi cambiando de ubicación ata nace o primeiro campo oficial de voo, o campo de Guísamo, que máis tarde teríamos que avandoar, xa que pasaría a formar parte dos terreos expropiados para a construcción do tramo da autopista A9 Guísamo-Ferrol. En este campo, de Guísamo, estivemos como uns 5 anos.

Con esta nova ubicación e coa esperada estabilidade, o clube empeza a crecer en tódolos sentidos, o clube medra en socios e acitividades. O clube todos os anos organiza todo tipo de actividades relacionadas co aeromodelismo, é incluso, en estes momentos escomenza a facer demostracións en concellos próximos. E a xente segue evolucionando os seus modelos, dende aqueles robustos pero arcaicos avións de balsa, ata os días de hoxe, onde empezan a facer entrada as turbinas, e os veleros de grandes prestacións.