Como informamos onte, o clube sufriu o roubo de diverso material da nosa caseta de Cerceda. Despóis dunha inspección inicial, este é o material que nós botamos en falla:
- 1 avión acrobático Monolog con motor eléctrico AXI, variador, receptor e servos
- 1 á volante con motor eléctrico, variador, receptor e servos
- 1 avión acrobático Parkmaster de Multiplexcon motor eléctrico AXI, variador, receptor e servos
- 1 avión entrenador Sancho de Modelhob con motor OS de explosión, receptor e servos
- 1 emisora de 6 canales Futaba 6EX de 2,4 Ghz
- 1 cable de entrenamento para conexión instructor – alumno
- 1 maletín para emisoras
- 1 garrafa de 10 litros de gasolina con aceite e unha bomba manual
- 1 garrafa de 20 litros de parafina con aceite para turbinas e unha bomba eléctrica
- 1 emisora de 4 canales en 72 Mhz
- 1 antena de interior para TDT
- 2 decodificadores para TDT
- 2 televisores CRT de 21″
- 1 impresora HP Deskjet F4400 con escáner
- 1 cable USB
O material de aeromodelismo é un material só manexable por expertos e non ten valor tal e como foi roubado, de feito, pode ser moi perigoso se non é manipulado de xeito conveniente, polo que pedimos ós ladróns o retornen a nós.
Pedimos ós socios revisen si notan algunha falta de material e recordámoslles que non é recomendable deixar material alí.