Resume do Campionato de F3P

Este domingo celebrouse en Cerceda, grazas á colaboración do Concello pola cesión do pavillón, a primeira proba da especialidade de F3P (acrobacia indoor) que organiza o Clube As Gaivotas. A pesares de que a Federación Aeronáutica Galega ainda non notificou se a proba estaría no calendario oficial galego, houbo boa resposta dos nosos socios dos cales oito valentes participaron na mesma.

Foron cinco os xuíces a cargo da avaliación das figuras dos pilotos que voaron tres mangas da táboa acordada para este evento. As posicións xa se estableceron dende o inicio, ainda que a segunda manga foi moi igualada. Os primeiros postos quedaron así:

  1. Angel del Real
  2. Agustín Rey
  3. José Manuel Miranda

Nesta táboa está o resultado completo:

E eiquí tedes algunhas fotos do campionato:

{gallery}f3p{/gallery}

Deja un comentario