Resultados da Segunda Proba de F5J e Clasificación da Liga 2013

O pasado domingo 22 de setembro, cun tempo estupendo, celebrouse a segunda proba do ano 2013 da especialidade de veleiros eléctricos F5J que, co tempo, vai gañando adeptos e, así, tivemos mesmo a honra de contar con dous grandes pilotos asturianos. Deste xeito, voáronse 4 mangas co resultado seguinte:

Así, pechabamos a tempada da Liga de F5J Galega, polo que os resultados serviron para determinar a clasificación final, que foi a seguinte:

Dende a Directiva felicitamos a tódo-los participantes e animamos aos que aínda non o fixeron a que se preparen para facelo o vindeiro ano, pois é unha especialidade que paga a pena. Moitas grazas a todos e parabéns aos gañadores!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *