A pista está en pleno bule-bule. A verdade é que o esforzo por parte do concello en darnos unha pista en unhas condicións inmellorables e incluso insospeitables pola nosa parte non ten medida. Non sabemos como agradecelo.
A obra de enxeñería alí feita é moi importante, incluso se está mirando de salvar un último contratempo, e inesperado, un desnivel importante no terreo. O concello en vez de tomar a decisión fácil e barata, pois non, toma a decisión de facer as cousas ben, e isto trouxo consigo que se tivese que facer un recheo importante de terra, bastante maior do esperado inicialmente.