Novas sobre a pista en cerceda

A pista está en pleno bule-bule.  A verdade é que o esforzo por parte do concello en darnos unha pista en unhas condicións inmellorables e incluso insospeitables pola nosa parte non ten medida. Non sabemos como agradecelo.

A obra de enxeñería alí feita é moi importante, incluso se está mirando de salvar un último contratempo, e inesperado, un desnivel importante no terreo. O concello en vez de tomar a decisión fácil e barata, pois non, toma a decisión de facer as cousas ben, e isto trouxo consigo que se tivese que facer un recheo importante de terra, bastante maior do esperado inicialmente.

 

Moitas veces as cousas ben feitas hai que tomar un tempo con elas, isto implica que as obras para a fin de semana do 16 como en un principio se tiña previsto, non saberemos se están, seguro que si para o campionato e inauguración, pero de principio para o día 16 o vemos difícil, pero nunca se sabe.

Como sabedes, a directiva do clube enviou unha carta aos socios indicando que o día 16 quedaría aberta para que os socios a probases, pois a directiva sinte comunicar que non sabe se será posibel, e pide disculpas por elo.

 Aquí tedes unhas fotos  do día 7 de setembro do estado da pista.

 

 

 

 Pero .. bueno … ten o seu lado bo … 😉 non tedes disculpa para non ir a disfrutar do festival de O Porriño que se vai celebrar o próximo 16 de setembro.

 

Deja un comentario