Historia do clube

 

 

En campos preto de A Coruña, e por libre, escomenza a actividade aeromodelista, pero pouco a pouco os distintos afeccionados a esta actividade vanse xuntando nas chamadas Marismas de Betanzos. É en este lugar onde empeza e se experimenta xa con modelos de certa calidade, e con elo xurde a necesidade de organizarse e loitar para que esta afección poidese ser unha actividade normal e cómoda coa vida cotiá. Son os primeiros pasos, o xerme do que hoxe se coñece como Clube de Aeromodelismo As Gaivotas.

Despois de moitas situacións, xestións, intencións, ideas, etc … é polo ano 1983 cando nace o que se chamará Clube de Voo Cambre, o cal, en un principio tratou de xuntar toda a actividade aérea da zona, non só a parte de aeromodelismo, que máis tarde daría nacemento a este clube.

En ese punto da nosa historia, dependíamos a efectos legais da FENDA (Federación Española de los Deportes Aéreos). Institución lonxana, xa que a súa sede social se atopaba en Madrid e a súa lonxanía facíase patente na nosa actividade.

Coa chegada das autonomías, e alá polo ano 1985, o clube participa  na constitución da FEGADA ou Federación Galega de Deportes Aéreos, o que é hoxe en día a FAG.

Coa historía o clube foi cambiando de ubicación ata nace o primeiro campo oficial de voo, o campo de Guísamo, que máis tarde teríamos que avandoar, xa que pasaría a formar parte dos terreos expropiados para a construcción do tramo da autopista A9 Guísamo-Ferrol. En este campo, de Guísamo, estivemos como uns 5 anos.

O seguinte campo sería no Polígono Industrial de Bergondo, esta ubicaión foi moi corta no tempo. De alí pasamos ao que é hoxe en día a nosa ubicación, no campo de voo da Queimada, no concello de Oza dos Rios, campo que é propiedade do clube.

Con esta nova ubicación e coa esperada estabilidade, o clube empeza a crecer en tódolos sentidos, o clube medra en socios e acitividades. O clube todos os anos organiza todo tipo de actividades relacionadas co aeromodelismo, é incluso, en estes momentos escomenza a facer demostracións en concellos próximos. E a xente segue evolucionando os seus modelos, dende aqueles robustos pero arcaicos avións de balsa, ata os días de hoxe, onde empezan a facer entrada as turbinas, e os veleros de grandes prestacións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *