Convocatoria de Asamblea Extraordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Extraordinaria do “Club de Vuelo As Gaivotas” para o día 25 de setembro de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Propostas de actividades, probas e eventos para o ano 2017.
  • Presentación da candidatura do Clube para a organización do Campionato Europeo de F3A no 2018.
  • Calendario electoral e prazos de presentación de candidaturas para a Presidencia do Clube.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois temos que tratar asuntos de relevancia para o futuro do noso clube.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do “Club de Vuelo As Gaivotas”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *