Convocatoria de Asamble Xeral e Calendario Electoral

Cumprindo o acordado na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 25 de setembro de 2016, se establece que:

Calendario Electoral

  • O vindeiro 16 de outubro de 2016 convocarase a tódo-los socios en Asamblea para elexir, mediante voto segredo, ao Presidente do Clube As Gaivotas.
  • O prazo de presentación de candidaturas á Presidencia comezará o día 2 de outubro e finalizará o día 9 de outubro de 2016.
  • As candidaturas poderán presentarse mediante envío dun correo electrónico á dirección do Clube contacto@asgaivotas.com.
  • A partires do día 10 de outubro de 2016, faranse públicos os nomes dos candidatos mediante a súa publicación na páxina web do clube.
  • Os candidatos que así o desexen, poderán adxuntar o seu programa electoral que será subido á web xunto coa súa candidatura.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria

Convócase a tódo-los socios do Clube á Asamblea Xeral Extraordinaria na Pista de Voo de Rodís, s/n (Cerceda), para o vindeiro 16 de outubro de 2016 ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da Asamblea anterior.
  • Aprobación, se procede, das contas do clube correspondentes ao período do 1 de xaneiro do 2016 ao 16 de outubro de 2016.
  • Presentación dos candidatos á Presidencia do Clube.
  • Elección do Presidente do Clube mediante votación segreda.

Dada a importancia da Asamblea, animo a tódo-los socios a que acudan a esta convocatoria. O futuro do clube está nas túas mans.

—————-

Miguel Ángel García

Presidente do Clube As Gaivotas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *