Centollo Meeting 2011


O primeiro fin de semán de agosto, os días 6 e 7, celebrarase o Centollo Meeting 2011 na pista municipal de Rodís en Cerceda. Este ano, ademáis da exhibición de avións e helicópteros de radiocontrol que será a mañá do domingo 7, o sábado adicarémo-lo a ensinar a pilotar avións e helicópteros a todas aquelas persoas que así o desexen. Para elo, disporemos dun par de portátiles equipados cun simulador de voo e o seu mando correspondente, onde iniciaremos ós alumnos para, posteriormente, voar cun avión de radiocontrol real de dobre mando, acompañados en todo momento por un profesor que o guiará permanentemente.

Todo-los participantes nos voos do sábado recibirán un boleto para o sorteo dun avión de iniciación que se celebrará durante a mañá do domingo.

O programa do evento é o seguinte:

  • Sábado 6 de agosto de 10 a 14 e de 16 a 20 horas: Voos de iniciación para tóda-las persoas interesadas. Os nenos menores de 8 anos só poderán realizar voos no simulador.
  • Domingo 7 de agosto de 10 a 14 horas: Exhibición de voos de avións e helicópteros de radiocontrol. Sortearase un avión de iniciación entre os participantes nos voos do día anterior.

Cumprindo as disposicións establecidas nol Real Decreto 1919/2009, o público asistente á demostración situarase na zona específicamente habilitada. Durante a mesma non se realizarán voos de iniciación.

Información para os pilotos participantes:

Os pilotos que desexen participar na demostración deberán porse en contacto co Clube de Voo As Gaivotas mendiante o correo contacto@asgaivotas.com. Deberán indicar os seus datos de contacto así coma as especificacións do modelo ou modelos que utilizarán. Ademáis, deberán estar en posesión do título acreditativo expedido pola Federación Española ou a autonómica correspondente que o habilite a participar nas exhibicións con público, así coma contar coa certificación do modelo correspondente. No caso de non estar en disposición de acreditar o anterior, o Director da Demostración realizará probas de demostración prática da súa destreza durante o sábado e o domingo de 8 a 9:45 da mañá.

Una respuesta a “Centollo Meeting 2011”

Deja un comentario