Celebración do Centollo Meeting

¡¡¡ESPECTACULAR CENTOLLO MEETING!!!

O pasado día 15 de agosto celebrouse, con grande éxito, a primeira edición do “Centollo Meeting”. Máis de 300 persoas déronse cita en Cerceda para presenciar a exhibición de voo de modelos coma a Pitts S12 de Antonio Morales, a Pitts Python de Paco Piñeiro ou o Sukhoi de Paco Puente.

 

Un día antes do inicio dol fin de semán, a Organización recibiu a nova de que a meirande parte dos pilotos comprometidos non asistirían ó evento, alegando que a previsión meteorolóxica era adversa. A pesares de todo elo, o sábado pola mañán comenzaron a chegar os primeros pilotos cos seus modelos, co obxecto de adicar a xornada á montaxe e probas. Angel del Real, Presidente do Clube As Gaivotas, estrenou o seu novo Yak que finalmente non puido voar o domingo debido a problemas co seu motor. Agustín Rey voou a súa Pilatus Porter, pero o máis intrépido foi Ramiro Padín, que co seu Katana apenas aterrizaba para encher o depósito e axiña volvía a sair. Antonio Morales, que chegou dende Málaga, adicou a xornada ó axuste do seu espectacular Pitss S12, modelo de 2,70 metros de envergadura e motor DA 150. Paco Piñeiro dende Pontevedra trouxo a súa Pitts Python, algo máis pequena que a de Antonio pero igual de espectacular.

O domingo amaneceu o día algo anubrado, pero as nubes non impediron os voos e fóronse disipando ó longo da mañán. O evento abriuse coa demostración de paramotor a cargo de Jaime Roca. A partires de ahí sucedéronse os voos, algúns espectaculares coma os realizados por Paco Puento co seu Sukhoi de Sebart. Luis Montenegro deleitou co seu Canadair e Agustín Rey e José Manuel Miranda coas tablas acrobáticas. Houbo algunhas curiosidades, coma o pequeno modelo eléctrico de voo circular de Roberto Rabina ou as pasadas que dedicou ó público o Lancair real de un dos socios do Clube.

Con estos mimbres, o evento dol próximo ano será unha cita ineludible.

 

Na sección “Galería” podedes ver algunhas fotos do evento.

 

 

Deja un comentario