Listado de Material Roubado

Como informamos onte, o clube sufriu o roubo de diverso material da nosa caseta de Cerceda. Despóis dunha inspección inicial, este é o material que nós botamos en falla:

  • 1 avión acrobático Monolog con motor eléctrico AXI, variador, receptor e servos
  • 1 á volante con motor eléctrico, variador, receptor e servos
  • 1 avión acrobático Parkmaster de Multiplexcon motor eléctrico AXI, variador, receptor e servos
  • 1 avión entrenador Sancho de Modelhob con motor OS de explosión, receptor e servos
  • 1 emisora de 6 canales Futaba 6EX de 2,4 Ghz
  • 1 cable de entrenamento para conexión instructor – alumno
  • 1 maletín para emisoras
  • 1 garrafa de 10 litros de gasolina con aceite e unha bomba manual
  • 1 garrafa de 20 litros de parafina con aceite para turbinas e unha bomba eléctrica
  • 1 emisora de 4 canales en 72 Mhz
  • 1 antena de interior para TDT
  • 2 decodificadores para TDT
  • 2 televisores CRT de 21″
  • 1 impresora HP Deskjet F4400 con escáner
  • 1 cable USB

O material de aeromodelismo é un material só manexable por expertos e non ten valor tal e como foi roubado, de feito, pode ser moi perigoso se non é manipulado de xeito conveniente, polo que pedimos ós ladróns o retornen a nós. 

Pedimos ós socios revisen si notan algunha falta de material e recordámoslles que non é recomendable deixar material alí.

Roubo en Cerceda

Roubo na Caseta da Pista de Cerceda

Hoxe, 21 de xaneiro de 2013, recibimos da Policía Local de Cerceda, a desagradábel noticia de que, probablemente pola noite, uns ladróns romperon unha das xanelas da caseta da pista de Cerceda e roubaron material alí almacenado. A Policía xa fixo parte de oficio, pero queremos ter unha relación do material, polo que se tiñas algunha cousa alí gardada, envíanos un correo a contacto@asgaivotas.com para face-la.

Prohibición de Vuelos en Cerceda

Hemos recibido de la Guardia Civil la confirmación de la NOTAM, así como la indicación de la prohibición para el vuelo de cualquier tipo de avión o modelo en Cerceda durante el día de mañana sábado 6 de noviembre de 2010.

Recordamos a nuestros socios que la pista de A Queimada en Oza dos Ríos, no está afectada por esta prohibición.

Concentración de Veleiros

Concentración de Veleiros

O vindeiro fin de semán (días 17 e 18 de xullo), terá lugar nas nosas instalacións de Rodís en Cerceda, unha concentración de veleiros remolcados na que contaremos, entre outros, con Andoni Gorriñobeaskoa, Roberto Montiel, Julio Santasmarinas e Luis Montenegro, así como destacados pilotos portugueses e galegos.

¡Non te o podes perder!

Páxina Multiidioma

Dende hoxe, a páxina do clube é accesible en varios idiomas. Para elo, tedes as bandeiras que aparecen na esquina superior dereita, coas que podedes mudar o idioma a galego, castelán e inglés. Aínda non temos todos os contidos traducidos, pero estamos traballando nelo…

Desde hoy, la página del club es accesible en varios idiomas. Para ellos, tenéis disponibles las banderas que aparecen en la esquina superior derecha, con las que es posible cambiar el idioma a gallego, castellano e inglés. Aún no están traducidos todos los contenidos, pero estamos trabajando en ello…

From now on, this site is available in several languages. For you to use them, you have available the flags at the top right corner, with which you can change the language to Galician, Spanish and English. We are not translated all the contents yet, but we’re working on it …

Miguel Angel García

———————

Secretario de la Junta Directiva del Club de Aeromodelismo As Gaivotas

Cancelación da proba galega de F3A

Lamentamos comunicar ós nosos socios e a todos os pilotos galegos interesados que, por motivos técnicos, queda cancelada a proba do Campeonato Galego de F3A prevista para o próximo domingo día 30 de maio.

Miguel Angel García

Secretario da Xunta Directiva do Clube As Gaivotas.

Cea nadal 2009

A cea de nadal do ano 2010 vaise celebrar o 19 de Decembro (sábado) as 22:00.

O lugar será o Restaurante Anahi, sito na rúa Rey Abdullah 14. Cerca da praza de Mestre Mateo e do antiguo edificio de Fenosa.

Será necesario inscribirse chamando ao “PRESI” ou ben mandándolle un correo.

O prezo do prato estará entre os 20 – 25 €. Serán un conxunto de entrantes e de segundo unha carne, chupitos e café.

 

Ao mesmo tempo se está a organizar para o mesmo día unha cea de “sufridoras/es” do aeromodelismo. O lugar elixido sería o Mesón o Secreto, e para anotarse hai que falar con:

Maria 676405487

Maria José 629185469

 

 

FALECE D.LUÍS ANTONIO RODRIGUÉZ RUIZ

HOXE 25 DE NOVEMBRO FALECE UN DOS SOCIOS FUNDADORES E PRESIDENTE DE HONRA DO CLUBE, DON LUÍS ANTONIO RODRÍGUEZ RUÍZ.

LUIS RUIZ, COMO O COÑECIAMOS TODOS, FOI UN DOS SOCIOS FUNDADORES E PRECURSORES DE ESTA AVENTURA QUE É O NOSO CLUBE E QUE POSUE UNHA HISTORIA DE 25 ANOS.

OS SOCIOS DO CLUBE QUEREN MOSTRAR O AGRADECEMENTO A LUÍS POR TER POSTO TANTO DA SÚA PARTE PARA QUE ESTE CLUBE SEXA QUEN É DENTRO DOS DEPORTES AÉREOS  GALEGOS.

LUIS!!!, ESTAMOS CONTIGO.

 

PARA PODERLLE DAR O ÚLTIMO SAUDO A LUÍS, ESTÁ NO TANATORIO DE SERVISA (FRONTE AO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA), NA SALA Nº2. O ENTERRO SERÁ O VINDEIRO VENRES 27 DE NOVEMBRO AS 11:30.

 

Proba F5J do 17 de Maio de 2009

O día 17 de Maio de 2009, organizamos o 3º Campionato Galego de Veleiros eléctricos F5J nas nosas instalacións da pista municipal de aeromodelismo do concello de Cerceda.

Lara o desenrolo da proba, imos seguir o regulamento que adxuntamos, o cal, creemos que é o máis convinte e o máis aberto para que as limitacións técnicas non compliquen a celebración da proba e da fomente a participación. Invitamos a todos os deportistas galegos a participar para voltar a ter un punto de encotro galego da especialidade.

A inscripción será gratuíta, e organízase unha comida de confraternización a un módico prezo, co cal non hai excusas para non participar.

 

Documento coa Normativa