Abertas as inscripción ó VII Open Internacional de F3A – Cerceda 2014 – World Cup. Para tramita-la só tedes que encher o formulario, facer o ingreso na conta do Club As Gaivotas nº ES44 3183 1500 9900 0074 3539 e enviar o formulario e mái-lo xustificante a contacto@asgaivotas.com (as normas e instrucción completas atópanse no formulario). Recordamos que as datas do evento serán o 27, 28 e 29 de xuño.
Campionato Galego de F5J – 2014
O vindeiro fin de semán terá lugar na pista de A Queimada (Oza – Cesuras) a proba do Campionato Galego de F5J. Este ano, estrenamos nova normativa, polo que pensamos facer unha xornada de entreno previo durante o sábado para explica-la. Deste xeito, a axenda é a seguinte:
Sábado
- 10:30 – Explicación da nova normativa e nocións de voo en térmicas por Daniel Samaniego (será nun dos restaurantes de Montesalgueiro, xusto no cruce da Nacional VI)
- 11:30 – Entrenamentos oficiais na pista
- Probas da rutina de realización das mangas de voo
- Posta a punto de modelos que o precisen
- Verificación do peso – potencia e obtención do tempo de motor
Domingo
- 10:00 – Comprobacións e cálculo do tempo de motor
- 10:30 – Comezo da proba
- 14:00 – Entrega de premios e comida de irmandade
Todos os interesados poden inscribirse enviando un mail a contacto@asgaivotas.com. As inscripcións son de balde, só se precisa dispor da licencia federativa galega. O prazo máximo de inscripción será 24 horas antes do inicio da proba. Non se admitirán inscripcións posteriores.
A normativa a tedes neste PDF:
Clasificación VI Open F3A Cerceda 2013
Este fin de semana se ha celebrado en Cerceda la VI edición del Open Internacional de Acrobacia F3A de Cerceda – World Cup. El ganador absoluto ha sido el austríaco Gernot Bruckman, seguido por el sanmarinense Sebastiano Silvestri y el español Mario del Valle. La ceremonia de entrega de premios tuvo lugar el domingo y fue presidida por el Sr. D. José García Liñares, Alcalde de Cerceda.
Panel de Xuices para o Open 2013
Xa temos os paneis de xuices para o Open F3A 2013. Serán os seguintes:
Lista de Inscripcións ó Open F3A 2013
Actualización a 02/05/2013:
- Rui Ferreira (Portugal)
- Rui Mendes (Portugal)
- Victoriano García (España)
E estas son as derradeiras inscripcións á categoría FAI. Así que fican pechadas as inscripción á categoría FAI ou Absoluta! Só quedan prazas para a categoría Avanzada… Dádevos presa!
A fináis de abril, xa temos un bo número de pilotos inscritos para o Open F3A 2013. A día 30 son os seguintes:
- Agustín Rey (España)
- José Manuel Miranda (España)
- José Luis Paradela (España)
- Christian Paradela (España)
- Andrés Leoni (España)
- Sebastiano Silvestri (Italia)
- Francisco Sánchez (España)
- Trifón Aragoneses (España)
- Mario del Valle (España)
- Marcos Sánchez (España)
- Loic Burbaud (Francia)
- Daniele Pelloni (Italia)
- Damien Sartorius (Francia)
- Óscar Lopes (Portugal)
- Valter Nuno Silva (Portugal)
- Luis Eduardo Ortega (España)
- Gernot Bruckman (Austria)
- Stefan Maendl (Alemania)
- Nacho García (España)
- Arnaud Bossard (Francia)
- Christian Bossard (Francia)
Recordamos que o número de participantes é limitado e seguirase a orde de recepción das inscripcións, así que, ¡non o deixedes para o derradeiro día!
Cartel VI Open Internacional F3A Cerceda 2013
Xa temos cartel para a VI edición do Open Internacional F3A Cerceda 2013!
Aínda están abertas as inscripcións nas categorías Absoluta e Avanzada. Dádevos presa que esto se anima!
Inscripción ó VI Open Internacional F3A Cerceda 2013 – World Cup
Abertas as inscripción ó VI Open Internacional de F3A – Cerceda 2013 – World Cup. Para tramita-la só tedes que encher o formulario, facer o ingreso na conta do Club As Gaivotas nº 3183 1500 99 0000743539 e enviar o formulario e mái-lo xustificante a contacto@asgaivotas.com (as normas e instrucción completas atópanse no formulario). Recordamos que as datas do evento serán o 28, 29 e 30 de xuño.
Cancelación da Proba da Copa Cuadrangular 2012
SE SUSPENDE A PROBA DO IMAC 2012 DOS VINDEIROS 25 E 26 DE AGOSTO!!!
A falta de inscripcións e a baixa dalgúns dos pilotos xa inscritos obriga á organización a cancelar a proba. Lamentamos profundamente ter que chegar a esta situación, ós pilotos xa inscritos recibirán en breve o abono da cuota da súa inscripción.
A Directiva do Club de Vuelo As Gaivotas
Copa Cuadrangular – Cerceda 2012
PROBA CANCELADA!!!
Xa temos todo pronto para a Copa Cuadrangular – IMAC de acrobacia aérea de grandes modelos dos vindeiros 24, 25 e 26 de agosto. É a primeira vez que un evento desta magnitude celébrase en Galicia, o cal é un orgullo para o noso clube. Pilotos da categoría de Martin Pickering e Jon Caldito daránse cita nas instalacións municipáis de aeromodelismo de Rodís en Cerceda. A IMAC é unha categoría que se caracteriza pola espectacularidade dos seus voos, pois os pilotos utilizan grandes modelos para voar unha tabla acrobática coñecida, outra descoñecida e unha libre, normalmente con música. A variedade das figuras e o seu risco convirte a esta proba nunha das máis espectaculares e entretidas para o público en xeral.
Os pilotos interesados en participar poderán inscribirse a través do formulario da páxina da Copa Cuadrangular. A documentación da proba, así como os prezos das comidas e algunhas opcións de aloxamento, pódese consultar no documento seguinte:
Copa Cuadrangular – As Gaivotas 2012.pdf
Reservade o fin de semán do 25 e 26 de agosto. Non vos podedes perder isto!!!
Vídeo resumen – Open F3A 2012
Gracias a Andrés Girabel, aquí temos este fantástico vídeo resume do V Open de F3A de Cerceda: