Convocatoria de reunión para o vindeiro 15 de Febreiro de 2009

Para o vindeiro 15 de febreiro de 2009 temos unha asamblea xeral de socios do clube. As horas son as seguintes, as 10:00AM en primeira convocatoria e as 10:30AM en segunda.

Coma orde do día temo:

  1. Presentación de contas
  2. Subidas de cotas en 5€ ao semestre
  3. Open 2009
  4. Ideas de socios
  5. Probas e calendario do 2009
  6. Arbores Montesalgueiro
  7. Rogo, preguntas e suxerencias

O lugar da reunión será no local da pista de Cerceda.

Calendario 2008

As Gaivotas:

 

28 e 29 de Xuño: 1º Open Internacinal

3 e 4 de Agosto: Proba para o Galego F5J

16 e 17 de Agosto : Diá do clube e concentración de grandes aeromodelos

7 de setembro: F3A-C proba do Galego 

Novas sobre a pista en cerceda

A pista está en pleno bule-bule.  A verdade é que o esforzo por parte do concello en darnos unha pista en unhas condicións inmellorables e incluso insospeitables pola nosa parte non ten medida. Non sabemos como agradecelo.

A obra de enxeñería alí feita é moi importante, incluso se está mirando de salvar un último contratempo, e inesperado, un desnivel importante no terreo. O concello en vez de tomar a decisión fácil e barata, pois non, toma a decisión de facer as cousas ben, e isto trouxo consigo que se tivese que facer un recheo importante de terra, bastante maior do esperado inicialmente.

 

Continue reading «Novas sobre a pista en cerceda»

Festival en Cerceda

O día 28 de Xullo o clube de aeromodelismo As Gaivotas participou no programa das festas do Cochiño celebradas no concello de Cerceda. A reunión foi todo un éxito de organización, participación de socios e asistentes ao evento.

A organización correu ao cargo do noso compañeiro Agustín Rey, rozando o sublime na organización e o exquisito na preparación da queimada.

O evento escomenzou con unha comida de confraternización dos socios e familia, e continuou esa mesma tarde con uns voos de demostración ante un bo número de asistentes. 

Esperamos repetir un ano máis a experiencia polo boa que foi.

Mención especial para Agustín, ao cal lle mostramos o noso agradecemento e esforzo feito para que este evento fose tan bo como foi.

 

¿Agustín … cando montas outra? 😉