Festival en Cerceda

O día 28 de Xullo o clube de aeromodelismo As Gaivotas participou no programa das festas do Cochiño celebradas no concello de Cerceda. A reunión foi todo un éxito de organización, participación de socios e asistentes ao evento.

A organización correu ao cargo do noso compañeiro Agustín Rey, rozando o sublime na organización e o exquisito na preparación da queimada.

O evento escomenzou con unha comida de confraternización dos socios e familia, e continuou esa mesma tarde con uns voos de demostración ante un bo número de asistentes. 

Esperamos repetir un ano máis a experiencia polo boa que foi.

Mención especial para Agustín, ao cal lle mostramos o noso agradecemento e esforzo feito para que este evento fose tan bo como foi.

 

¿Agustín … cando montas outra? 😉 

Historia do clube

 

 

En campos preto de A Coruña, e por libre, escomenza a actividade aeromodelista, pero pouco a pouco os distintos afeccionados a esta actividade vanse xuntando nas chamadas Marismas de Betanzos. É en este lugar onde empeza e se experimenta xa con modelos de certa calidade, e con elo xurde a necesidade de organizarse e loitar para que esta afección poidese ser unha actividade normal e cómoda coa vida cotiá. Son os primeiros pasos, o xerme do que hoxe se coñece como Clube de Aeromodelismo As Gaivotas.

Continue reading «Historia do clube»