Centollo Meeting 2012

Aínda que máis tarde do habitual, este ano 2012 celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting os días 20 e 21 de outubro coa novidade de que adicaremos un día completo ó FPV (First Person View).

O programa é o seguinte:

  • Sábado 20: Xornada adicada ó FPV, mostraremos cómo funcionan os avións sen piloto, cómo é un cuadracóptero e como se ve dende a perspectiva do avión. Ademáis, ó longo do día, teremos dispoñibles equipos de RC de iniciación con dobre mando para todos os interesados en realizar o seu baptismo aéreo de radio control. Asemade, mostraremos voos de avións a escala de distinto tipo. Comezaremos sobre ás 10 da mañá e remataremos cando xa non teñamos luz!
  • Domingo 21: As 10 se realizará a proba de F5J que foi suspendida en maio, e seguiremos facendo demostracións de voos de FPV e de iniciación despóis da mesma. Contaremos tamén cun «mercadillo».

Como organizador e convidado especial, contamos co noso socio Aquilino Abeal e a súa empresa Aeromedia. Eles e outros pilotos nos explicarán qué é o FPV. Xa vos adelantamos que o FPV é o voo en primeira persoa, isto é, voar un avión ou helicóptero de radiocontrol pero utilizando unha cámara e outros aparellos para ter a sensación de estar voando dentro da aeronave. Esta é a mesma tecnoloxía que utilizan os avións no tripulados ou UAV. Aquí tedes unha mostra do que esta xente é capaz de facer:

Quedada este domingo

Dado que nos temos quedado co mel nos beizos despóis da cancelación da proba do IMAC deste fin de semán, pensamos que, para desquitarnos, podemos facer unha comida este domingo en Cerceda e «fartarnos de voar». ¿Que vos parece?

Así que, aínda que un pouco precipitado, pedímosvos que os que vos querades apuntar o notifiquéis a este correo (ou en www.facebook.com/AsGaivotas). É unha xornada para todos, así que poderedes traer ás vosas parellas respectivas.

¡Vémonos o domingo!

Cancelación da Proba de F5J

Dadas as previsións meteorolóxicas para este domingo día 10, a Dirección de As Gaivotas decidiu a suspensión da proba de F5J prevista na pista de A Queimada.

De momento, non temos unha nova data programada. Informaremos en canto esté marcada.

Cambio de data – 2ª Proba F5J 2012

Dado que o domingo 27 a proba non se celebrou por mor da meteoroloxía, cambiamos de novo a data para o vindeiro domingo 3 10 de xunio as 10:00 en A Queimada.

—————

¡¡¡ATENCION!!! Temos cambio de data da segunda proba de F5J do 2012. Pasará do sabado ó domingo 27 de maio as 10:00 na pista de A Queimada.

Vémonos na pista!!!

Normativa Campionato F5J – 2012

O víndeiro 28 de abril terá lugar na pista de Rodís (Cerceda) a primeira proba do Campionato Galego de F5J. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. A Organización quere que a proba sexa asequible para calquer piloto, polo que a normativa a utilizar non limita modelos nin pesos. Aquí a tedes:

Normativa F5J

Como a Federación Aeronáutica Galega non incluíu a proba no calendario oficial, esta proba non require ter a licencia federativa.

Campionato F3P As Gaivotas – Cerceda 2012

Aínda que a Federación Aeronáutica Galega denegou a inscrición das probas solicitadas polo noso clube no calendario oficial, a intención é a de facelas na mesma, aínda que como probas «interclube». A primeira delas é a de F3P, polo que lembramos a tódo-los pilotos interesados, que o vindeiro domingo 26 de febreiro terá lugar o II Campionato F3P As Gaivotas ás 10:30 en Cerceda, no Pavillón Municipal. A inscripción será de valde, así que todo o que queira poderá participar. A táboa que se voará será a seguinte:

Táboa F3P 2012
1ª Oito cubano
2ª Tonel de dous tempos
3ª Dobre Immelmann
4ª Tonel cobra
5ª Rizo cadrado
6ª Tonel de catro tempos
7ª Figura «S»
8ª Subida a 45º con tonel completo

Recordamos que a F3P é a especialidade de acrobacia de voo de radiocontrol en espacios pechados (indoor).

Para inscribirte, envía un correo con os teus dados a contacto@asgaivotas.com.

Calendario de Probas para o 2012

Aínda que non temos ningunha resposta da Federación Aeronáutica Galega, salvo o feito de que as nosas cartas veñen devoltas, para o vindeiro ano 2012 o noso Clube ten a intención de facer as seguintes probas:

  • F3P (www.f3p.es): O 26 de febreiro de 2012 se realizará unha proba da liga galega de acrobacia indoor. O lugar será no Pavillón Deportivo de Cerceda.
  • F5J (f5j.es): Ó igual que no 2011, faremos dúas probas da modalidade de veleiros eléctricos de permanencia (F5J). A primeira será o 28 de abril na pista de Rodís en Cerceda, e a segunda o 26 de maio na pista de A Queimada en Oza dos Ríos.
  • F3A (Acro3D): Este ano, ademáis do Open, faremos unha das probas do galego desta modalidade de acrobacia. Será o día 29 de xullo e se voará nas categorías A, B e C na pista de Rodís (Cerceda). A V Edición do Open Internacional de Acrobacia Aérea de Cerceda terá lugar os días 23 e 24 de xuño tamén na pista de Cerceda.
  • IMAC (Copa Cuadrangular): E o mellor para o final… Por primeira vez, este ano celebraremos unha das probas nacionáis da Copa Cuadrangular IMAC, competición de acrobacia con grandes modelos. Será o fin de semán do 25 e 26 de agosto. Achamos que este evento vai a resultar espectacular, aquí tedes un exemplo:

Xornada de «Portas Abertas»

O vindeiro domingo día 25 de setembro, realizaremos unha Xornada de Portas Abertas para que todo aquel afeccionado ó aeromodelismo que o desexe poda voar o seu modelo nas nosas instalacións coa axuda dos socios expertos. Tamén realizaremos voos de iniciación con dobre mando utilizando os equipos do Clube. ¿En qué consiste o dobre mando? Pois consiste en que o alumno utiliza un mando de radio control conectado a outro mando que manexa o instructor; así, o alumno pode manexar o aparato baixo supervisión, coa seguridade de que ante unha situación complicada o mestre pode tomar o control.

Para os socios que queran participar, faremos unha comida na mesma pista.

Estaremos todo o día de 10:00 a 17:00 (se o tempo acompaña) nas instalacións de Rodís en Cerceda:


Ver mapa máis grande