Resultados da Segunda Proba de F5J e Clasificación da Liga 2013

O pasado domingo 22 de setembro, cun tempo estupendo, celebrouse a segunda proba do ano 2013 da especialidade de veleiros eléctricos F5J que, co tempo, vai gañando adeptos e, así, tivemos mesmo a honra de contar con dous grandes pilotos asturianos. Deste xeito, voáronse 4 mangas co resultado seguinte:

Así, pechabamos a tempada da Liga de F5J Galega, polo que os resultados serviron para determinar a clasificación final, que foi a seguinte:

Dende a Directiva felicitamos a tódo-los participantes e animamos aos que aínda non o fixeron a que se preparen para facelo o vindeiro ano, pois é unha especialidade que paga a pena. Moitas grazas a todos e parabéns aos gañadores!

Segunda Proba Campionato Galego F5J – 2013

Recordade que o vindeiro 22 de setembro terá lugar na pista de A Queimada (Oza dos Ríos) a segunda proba do Campionato Galego de F5J. A normativa a utilizar non limita modelos nin pesos e é esta:

Normativa F5J

Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible.

Espectacular Centollo Meeting 2013

Este ano superamos tóda-las expectativas! A edición 2013 do Centollo Meeting promete ser a maior exhibición de aeromodelismo do noroeste español. Xa temos confirmados máis de 25 pilotos e máis de 40 avións… Ademáis, algún tan espectacular coma Raúl Lozano, sen dúbida un dos mellores pilotos europeos de jets. Pero é que, son moitos máis! Se queres ter toda a información do evento, accede á páxina web:

www.centollomeeting.com

Non esquezas a data, será os vindeiros 24 e 25 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Inscripcións ó Campionato Galego de F3A 2013

A lista de inscritos ó Campionato Galego de F3A é a seguinte:

Categoría Iniciación:

  • Leonardo Pereiro
  • Américo Horacio Chella
  • José Luis Arias
Categoría FAI:
  • José Luis Paradela
  • Christian Paradela
  • José Manuel Miranda
  • Agustín Rey
Os xuices serán:
  • Gloria Muñiz
  • Paco Piñeiro
  • Juan Pascual
Os voos comenzarán ás 9:30 do domingo 26 e se voarán tres mangas. Despóis iremos a comer pola zona!

Recordatorio do Campionato Galego de F3A – 2013

Recordamos a todos os aeromodelistas e practicantes da F3A que o vindeiro domingo 26 de maio terá lugar na pista municipal de Cerceda a primeira proba do calendario galego de F3A. Como o número de inscritos é reducido, a proba realizaráse integramente o domingo e comezará ás 9:30 da mañá. As táboas será as oficiáis que se poden atopar na RFAE:

http://www.rfae.org/index?act=verSeccion&idSeccion=1347610809358

Se queres inscribirte, ¡aínda estás a tempo! Envíanos un correo a contacto@asgaivotas.com con os teus datos, número de licencia e a categoría (FAI, Avanzada ou Iniciación).

Resultados da 1ª Proba de F5J – 2013

Cun tempo espectacular e con 10 participantes, finalmente celebrouse a primeira proba de F5J do ano 2013. Voáronse catro mangas moi disputadas, ainda que José Manuel Miranda demostrou a súa pericia conseguindo 1.000 pontos FAI en cada unha delas. Esta é a clasificación final:

Parabéns a todos os pilotos pola súa participación e recordade que aínda nos queda outra proba en setembro!


Puntuación de cada Manga

Aplazada a Proba de F5J

Aunque o peor parece que será mañán, a esta hora a previsión meteorolóxica aínda mostra fortes ventos (en torno a 40 km/h) para o domingo.
WindGuru
MeteoGalicia

Por isto, dende As Gaivotas pensamos que o máis prudente é aprazar a proba 1 semán. Polo tanto, tentaremos celebra-la O VINDEIRO DOMINGO DÍA 5 DE MAIO.

Moitas grazas a todos, ¡vémonos o domingo 5!
————–
A Directiva de As Gaivotas

Campionato Galego F5J – 2013

O víndeiro 28 de abril terá lugar na pista de Rodís (Cerceda) a primeira proba do Campionato Galego de F5J. A Organización quere que a proba sexa asequible para calquer piloto, polo que a normativa a utilizar non limita modelos nin pesos. Aquí a tedes:

Normativa F5J

O Campionato constará de dúas probas, sendo a seguinte na pista de A Queimada en Oza dos Ríos o día 22 de setembro. A clasificación final do campionato será o resultado da suma das dúas probas e se entregarán os trofeos correspondentes ós tres primeiros clasificados. Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible (en torno ós 10 euros).