O víndeiro 28 de abril terá lugar na pista de Rodís (Cerceda) a primeira proba do Campionato Galego de F5J. A Organización quere que a proba sexa asequible para calquer piloto, polo que a normativa a utilizar non limita modelos nin pesos. Aquí a tedes:
O Campionato constará de dúas probas, sendo a seguinte na pista de A Queimada en Oza dos Ríos o día 22 de setembro. A clasificación final do campionato será o resultado da suma das dúas probas e se entregarán os trofeos correspondentes ós tres primeiros clasificados. Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible (en torno ós 10 euros).