Campionato Galego de F5J – 2014

O vindeiro fin de semán terá lugar na pista de A Queimada (Oza – Cesuras) a proba do Campionato Galego de F5J. Este ano, estrenamos nova normativa, polo que pensamos facer unha xornada de entreno previo durante o sábado para explica-la. Deste xeito, a axenda é a seguinte:

Sábado

  • 10:30 – Explicación da nova normativa e nocións de voo en térmicas por Daniel Samaniego (será nun dos restaurantes de Montesalgueiro, xusto no cruce da Nacional VI)
  • 11:30 – Entrenamentos oficiais na pista
    • Probas da rutina de realización das mangas de voo
    • Posta a punto de modelos que o precisen
    • Verificación do peso – potencia e obtención do tempo de motor

Domingo

  • 10:00 – Comprobacións e cálculo do tempo de motor
  • 10:30 – Comezo da proba
  • 14:00 – Entrega de premios e comida de irmandade

Todos os interesados poden inscribirse enviando un mail a contacto@asgaivotas.com. As inscripcións son de balde, só se precisa dispor da licencia federativa galega. O prazo máximo de inscripción será 24 horas antes do inicio da proba. Non se admitirán inscripcións posteriores.

A normativa a tedes neste PDF:


Normativa F5J 2014

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *