Calendario de Probas para o 2013

Para este ano 2013 xa temos as datas fináis dos distintos campionatos que realizaremos. Asemade, podemos confirmar que as probas están inscritas no calendario da Federación Aeronáutica Galega, polo que terán caracter oficial:

  • F3P (www.f3p.es): Pendente de confirmar data (aínda que no calendario da FAG menciona o 24 de febreiro).
  • F5J (f5j.es): Ó igual que estos anos, faremos dúas probas da modalidade de veleiros eléctricos de permanencia (F5J). A primeira será o 28 de abril na pista de Rodís en Cerceda, e a segunda o 22 de setembro na pista de A Queimada en Oza dos Ríos. Desta vez, queremos que participen máis pilotos de outros clubes, de cara a facer una liga para o ano próximo. É por iso que a inscripción será de balde.
  • F3A (Acro3D): Este ano, ademáis do Open, faremos unha das probas do galego desta modalidade de acrobacia. Será os días 25 e 26 de maio e se voará nas categorías A, B e C na pista de Rodís (Cerceda). A VI Edición do Open Internacional de Acrobacia Aérea de Cerceda terá lugar os días 29 e 30 de xuño tamén na pista de Cerceda.
  • Centollo Meeting: Imos retomar esta xuntanza co obxectivo de converti-lo evento nunha referencia do aeromodelismo en Galicia. Será en agosto, probablemente no fin de semán do 25 de agosto, aínda que temos que pecha-la data definitiva.

Apontade estas datas na vosa a axenda! E se tedes calquera dúbida ou pregunta, podedes contactar con nós en contacto@asgaivotas.com.

Deja un comentario