Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Ordinaria do «Club de Vuelo As Gaivotas» para o día 3 de abril de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Aprobación, se procede, das contas do Clube correspondentes ao exercicio do ano 2015.
  • Actividades, probas e eventos previstos para o ano 2016.
  • Propostas de actividades, probas ou eventos de interese e solicitude de socios dispostos a formar parte da Xunta Directiva como vocais responsables de xeri-las.
  • Aprobación, se procede, do orzamento do Clube correspondente ao exercicio do ano 2015.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois para garantir a continuidade das actividades deportivas que desenvolve o club, é vital contar coa vosa colaboración para organizar estes eventos. Tedes que ter en conta que a actual Xunta está composta de só tres socios, polo que, para nós É IMPOSIBLE XERIR MÁIS ACTIVIDADES. Por eso animo a quen teña interese e dispoña dun pouco de tempo para doar ao seu clube, que presente as súas ideas nesta Asamblea ou que se presente coma vocal para xestiona-las mesmas.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do «Club de Vuelo As Gaivotas»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *