Inscripción al X Open Internacional F3A Cerceda 2017 – World Cup

Abierta la inscripción al X Open Internacional de F3A – Cerceda 2017 – World Cup.

 

Para tramitarla solo teneis que cubrir el formulario, hacer el ingreso en la cuenta del Club As Gaivotas nº ES44 3183 1500 9900 0074 3539 y enviar el formulario y justificante a contacto@asgaivotas.com (las normas de inscripción se encuentran en el formulario).

 

Recordamos que las fechas del evento serán el  21, 22 y 23 de Julio.

 

Invitación Open F3A 2017.pdf

Formulario de inscripción.pdf

Cea de nadal – 2016

A tradicional cea de Nadal do clube do ano 2016 será o día sábado 3 de decembro no Restaurante O’Secreto,  ás 22:30. No enderezo:

Telf: 981 916 010

O menú consistirá en:

  • Empanada
  • Pulpo
  • Zamburiñas
  • Sapitos
  • Zorza
  • Bebida y postres varios.

O precio será de 25€.

Para apuntarse, temos varias opcións:

Resultado da Elección de Presidente

Tras o reconto de votos, o candidato D. José Manuel Miranda foi o elexido como novo Presidente do Clube As Gaivotas. Dende a Xunta Directiva en Funcións comprometémonos a axilizar os trámites para que o traspaso de poderes se realice no mínimo tempo posible.

————-

Miguel Ángel García

Presidente en Funcións do Clube As Gaivotas

Listado de Candidaturas á Presidencia do Club As Gaivotas

Estimados socios:

Unha vez rematado o prazo, as candidaturas á Presidencia do Clube As Gaivotas son as seguintes:

  • Juan Luis Sánchez Guerra
  • José Luis Rodríguez Canteli
  • José Manuel Miranda López

Recordar que o vindeiro 16 de outubro de 2016 ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria, convócase a tódo-los socios do Clube á Asamblea Xeral Extraordinaria na Pista de Voo de Rodís, s/n (Cerceda) para a votación e elección do novo Presidente.

————

Miguel Ángel García

Presidente en Funcións do Clube As Gaivotas

Convocatoria de Asamble Xeral e Calendario Electoral

Cumprindo o acordado na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 25 de setembro de 2016, se establece que:

Calendario Electoral

  • O vindeiro 16 de outubro de 2016 convocarase a tódo-los socios en Asamblea para elexir, mediante voto segredo, ao Presidente do Clube As Gaivotas.
  • O prazo de presentación de candidaturas á Presidencia comezará o día 2 de outubro e finalizará o día 9 de outubro de 2016.
  • As candidaturas poderán presentarse mediante envío dun correo electrónico á dirección do Clube contacto@asgaivotas.com.
  • A partires do día 10 de outubro de 2016, faranse públicos os nomes dos candidatos mediante a súa publicación na páxina web do clube.
  • Os candidatos que así o desexen, poderán adxuntar o seu programa electoral que será subido á web xunto coa súa candidatura.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria

Convócase a tódo-los socios do Clube á Asamblea Xeral Extraordinaria na Pista de Voo de Rodís, s/n (Cerceda), para o vindeiro 16 de outubro de 2016 ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da Asamblea anterior.
  • Aprobación, se procede, das contas do clube correspondentes ao período do 1 de xaneiro do 2016 ao 16 de outubro de 2016.
  • Presentación dos candidatos á Presidencia do Clube.
  • Elección do Presidente do Clube mediante votación segreda.

Dada a importancia da Asamblea, animo a tódo-los socios a que acudan a esta convocatoria. O futuro do clube está nas túas mans.

—————-

Miguel Ángel García

Presidente do Clube As Gaivotas

Convocatoria de Asamblea Extraordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Extraordinaria do “Club de Vuelo As Gaivotas” para o día 25 de setembro de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Propostas de actividades, probas e eventos para o ano 2017.
  • Presentación da candidatura do Clube para a organización do Campionato Europeo de F3A no 2018.
  • Calendario electoral e prazos de presentación de candidaturas para a Presidencia do Clube.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois temos que tratar asuntos de relevancia para o futuro do noso clube.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do “Club de Vuelo As Gaivotas”

Centollo Meeting 2016

En só un mes celebraremos unha nova edición do Centollo Meeting! A concentración de aeromodelismo que organiza o Club de Voo As Gaivotas terá lugar os días 27 e 28 de agosto de 2016. Xa algúns pilotos confirmados, con algunhas novidades novidades coma un pequeno concurso para iniciarse á acrobacia e tamén ao voo de veleiros eléctricos. Teremos en breve máis información.

Non esquezas a data do 27 e 28 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Lista de Inscripcións ó Open F3A 2016

Actualización a 9 de xuño:

  • Cristian Orzaes (España)

Actualización a 29 de maio:

  • José Manuel Miranda (España)
  • Ángel del Real (España)
  • José Luis Paradela (España)
  • Rui Ferreira (Portugal)
  • Filipe Bernardino (Portugal)
  • Victoriano García (España)
  • Alfonso Codes (España)

A 18 de maio, xa temos un bo número de pilotos inscritos para o Open F3A 2016. Son os seguintes:

Categoría FAI:

  • Francisco Sánchez (España)
  • Agustín Rey (España)
  • Mario del Valle (España)
  • Trifón Aragoneses (España)
  • Luis Eduardo Ortega (España)
  • Miguel Rodríguez (España)
  • Christian Paradela (España)
  • Roberto Mateos (España)

Categoría Avanzada:

  • Víctor Apraiz (España)
  • Iago Rubio (España)
  • Rodrigo Aguilar (España)
  • Juan Antonio Cardeñoso (España)

Recordamos que o número de participantes é limitado e seguirase a orde de recepción das inscripcións, así que, non o deixedes para o derradeiro día!

Ademáis, este ano o campionato coincide coa segunda convocatoria de eleccións nacionais dos nosos representantes no Congreso dos Deputados e no Senado polo que, se queres vir na mesma a disfrutar connosco, solicita axiña o voto por correo tal e coma se indica neste enlace.

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria – 2016

Estimados socios:

Por este medio, se convoca a Asamblea Xeral Ordinaria do “Club de Vuelo As Gaivotas” para o día 3 de abril de 2016, nas instalacións da pista de Rodís (Cerceda), ás 10:00 en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda, co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta da última asamblea.
  • Aprobación, se procede, das contas do Clube correspondentes ao exercicio do ano 2015.
  • Actividades, probas e eventos previstos para o ano 2016.
  • Propostas de actividades, probas ou eventos de interese e solicitude de socios dispostos a formar parte da Xunta Directiva como vocais responsables de xeri-las.
  • Aprobación, se procede, do orzamento do Clube correspondente ao exercicio do ano 2015.
  • Rogos e preguntas.

Prégovos a todos a vosa participación na asamblea pois para garantir a continuidade das actividades deportivas que desenvolve o club, é vital contar coa vosa colaboración para organizar estes eventos. Tedes que ter en conta que a actual Xunta está composta de só tres socios, polo que, para nós É IMPOSIBLE XERIR MÁIS ACTIVIDADES. Por eso animo a quen teña interese e dispoña dun pouco de tempo para doar ao seu clube, que presente as súas ideas nesta Asamblea ou que se presente coma vocal para xestiona-las mesmas.

Atentamente,

Miguel Ángel García

Presidente do “Club de Vuelo As Gaivotas”