Calendario de Probas para o 2014

Xa temos as datas finais das probas e eventos que faremos neste ano 2014:

  • F5J: Realizaremos dúas probas este ano, unha de caracter autonómico e a outra nacional. Dado o éxito obtido nestos dous anos, pensamos que xa é hora de plantexar unha normativa máis acorde coa doutras comunidades, máis sempre pensando en que calquer tipo de veleiro eléctrico poida competir. É por iso que usaremos a normativa K4-K6, que plantexa asignar un tempo limitado de motor en función do peso e consumo do modelo. Deste xeito, a primeira proba servirá para que tomemos contacto coa modalidade e, así, a segunda proba servirá para medirnos con xente de fora. Así teremos:
    • Campionato Galego F5J As Gaivotas – 2014: Será os días 10 e 11 de maio na pista de A Queimada en Oza-Cesuras. A idea é aproveitar o sábado para facer unha pequena introducción á modalidade e treinarnos nela. O noso compañeiro Daniel Samaniego será o encarregado de facelo. O domingo pola mañá faremos a proba. Ó ser unha proba oficial de caracter rexional será necesario contar coa licencia autonómica preceptiva.
    • I Open Nacional de F5J As Gaivotas – 2014: Será no fin de semana do 27 e 28 de setembro tamén na pista de A Queimada. Esta proba estará aberta a todos os pilotos nacionáis con licencia e poderá seguirse tamén na páxina oficial da especialidade F5J.es.
  • F3A: O tradicional Open Internacional de F3A – Cerceda 2014 – World Cup terá lugar os días 28 e 29 de xuño na pista de Rodís en Cerceda. Xa vamos pola VII edición, aínda que este ano, dada a falta de apoio económico oficial, terá que ser algo máis austero.
  • Centollo Meeting: A xa consolidada xuntanza e exhibición de aeromodelismo acadou o ano pasado un éxito sen precedentes, a pesares de que o tempo non acompañou. Este ano, continuaremos nesa liña mantendo a convocatoria para o derradeiro fin de semana de agosto: os días 30 e 31. Coma sempre, manteremos máis información na páxina específica do maior evento de aeromodelismo do noroeste.

E recordade todos os amantes do mundo aeronáutico que, este ano, os coruñeses estamos de noraboa. Por si non estades ao tanto, os días 18, 19 e 20 de xullo celebrarase o Festiva Aéreo da Coruña, tomando o relevo neste caso a Vigo. A disfrutar deste ano aeronáutico!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *