Segunda Proba Campionato Galego F5J – 2013

Recordade que o vindeiro 22 de setembro terá lugar na pista de A Queimada (Oza dos Ríos) a segunda proba do Campionato Galego de F5J. A normativa a utilizar non limita modelos nin pesos e é esta:

Normativa F5J

Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *