Resultados da Segunda Proba de F5J e Clasificación da Liga 2013

O pasado domingo 22 de setembro, cun tempo estupendo, celebrouse a segunda proba do ano 2013 da especialidade de veleiros eléctricos F5J que, co tempo, vai gañando adeptos e, así, tivemos mesmo a honra de contar con dous grandes pilotos asturianos. Deste xeito, voáronse 4 mangas co resultado seguinte:

Así, pechabamos a tempada da Liga de F5J Galega, polo que os resultados serviron para determinar a clasificación final, que foi a seguinte:

Dende a Directiva felicitamos a tódo-los participantes e animamos aos que aínda non o fixeron a que se preparen para facelo o vindeiro ano, pois é unha especialidade que paga a pena. Moitas grazas a todos e parabéns aos gañadores!

Segunda Proba Campionato Galego F5J – 2013

Recordade que o vindeiro 22 de setembro terá lugar na pista de A Queimada (Oza dos Ríos) a segunda proba do Campionato Galego de F5J. A normativa a utilizar non limita modelos nin pesos e é esta:

Normativa F5J

Dado que se trata dunha proba oficial, será necesario dispor da licencia federativa para figurar na clasificación galega. A inscripción será de valde e os interesados poden facelo enviando un correo a contacto@asgaivotas.com. Imos tratar de arranxar algún sitio para comer, xa vos informaremos do prezo, aínda que trataremos de que sexa asequible.

Espectacular Centollo Meeting 2013

Este ano superamos tóda-las expectativas! A edición 2013 do Centollo Meeting promete ser a maior exhibición de aeromodelismo do noroeste español. Xa temos confirmados máis de 25 pilotos e máis de 40 avións… Ademáis, algún tan espectacular coma Raúl Lozano, sen dúbida un dos mellores pilotos europeos de jets. Pero é que, son moitos máis! Se queres ter toda a información do evento, accede á páxina web:

www.centollomeeting.com

Non esquezas a data, será os vindeiros 24 e 25 de agosto, na pista de Rodís en Cerceda. Vémonos alí!

Clasificación VI Open F3A Cerceda 2013

Este fin de semana se ha celebrado en Cerceda la VI edición del Open Internacional de Acrobacia F3A de Cerceda – World Cup. El ganador absoluto ha sido el austríaco Gernot Bruckman, seguido por el sanmarinense Sebastiano Silvestri y el español Mario del Valle. La ceremonia de entrega de premios tuvo lugar el domingo y fue presidida por el Sr. D. José García Liñares, Alcalde de Cerceda.

Continuar leyendo “Clasificación VI Open F3A Cerceda 2013”

Panel de Xuices para o Open 2013

Xa temos os paneis de xuices para o Open F3A 2013. Serán os seguintes:

PANEL A
 
FRANCISCO PIÑEIRO
PHILIPPE MARQUET
PETER UHLIG
GIANNONI GIANLUIGI
JAVIER SANTAMARIA
 
 
PANEL B
 
GONZALO RODRIGUEZ
NOEL BARRET
EMANUEL FERNANDES
GLORIA MUÑIZ
SIGMUND BECK

Festival de Aeromodelismo en Ourense

Recibimos este convite por parte dos nosos colegas do Clube de Aeromodelismo Ourense:

Desde el Club de Aeromodelismo Ourense, estamos a organizar como todos los años nuestro festival, este año sera el Domingo 23 de Junio. Nos gustaria que nos acompañaseis ese día, porque seguro lo pasaremos genial. 

Si estais interesados en acudir, rellenad el formulario y enviarlo a info@aeromodelismoourense.com
Os agradezemos muchisimo que hagais correr la voz a los socios de otros clubes por si estan interesados en acudir.
Cualquier duda no dudeis en contactarnos.
Saludos, Club Aeromodelismo Orense.