Aínda que non temos ningunha resposta da Federación Aeronáutica Galega, salvo o feito de que as nosas cartas veñen devoltas, para o vindeiro ano 2012 o noso Clube ten a intención de facer as seguintes probas:
- F3P (www.f3p.es): O 26 de febreiro de 2012 se realizará unha proba da liga galega de acrobacia indoor. O lugar será no Pavillón Deportivo de Cerceda.
- F5J (f5j.es): Ó igual que no 2011, faremos dúas probas da modalidade de veleiros eléctricos de permanencia (F5J). A primeira será o 28 de abril na pista de Rodís en Cerceda, e a segunda o 26 de maio na pista de A Queimada en Oza dos Ríos.
- F3A (Acro3D): Este ano, ademáis do Open, faremos unha das probas do galego desta modalidade de acrobacia. Será o día 29 de xullo e se voará nas categorías A, B e C na pista de Rodís (Cerceda). A V Edición do Open Internacional de Acrobacia Aérea de Cerceda terá lugar os días 23 e 24 de xuño tamén na pista de Cerceda.
- IMAC (Copa Cuadrangular): E o mellor para o final… Por primeira vez, este ano celebraremos unha das probas nacionáis da Copa Cuadrangular IMAC, competición de acrobacia con grandes modelos. Será o fin de semán do 25 e 26 de agosto. Achamos que este evento vai a resultar espectacular, aquí tedes un exemplo: