Día do Clube de Aeromodelismo Ourense

O Clube de Aeromodelismo Ourense celebra o seu día do clube os vindeiros 18 e 19 de xuño e, moi amablemente, convida a tódolos socios do noso clube a participar. O evento inclue un Campionato de Maquetas e Semimaquetas e visita ás Termas para os acompañantes.

A inscripción son 15 € por persoa e é para a comida do domingo, o sábado pola noite farase algo máis pequeno nas instalacións. Se pode levar carabana ou acampar na zona habilitada.

Os interesados podedes chamar a José Salgado ó 619 063 961, ou consultar a web do Clube de Aeromodelismo de Ourense en donde tedes máis información.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.