Celebración do Centollo Meeting

¡¡¡ESPECTACULAR CENTOLLO MEETING!!!

O pasado día 15 de agosto celebrouse, con grande éxito, a primeira edición do «Centollo Meeting». Máis de 300 persoas déronse cita en Cerceda para presenciar a exhibición de voo de modelos coma a Pitts S12 de Antonio Morales, a Pitts Python de Paco Piñeiro ou o Sukhoi de Paco Puente.

 

Un día antes do inicio dol fin de semán, a Organización recibiu a nova de que a meirande parte dos pilotos comprometidos non asistirían ó evento, alegando que a previsión meteorolóxica era adversa. A pesares de todo elo, o sábado pola mañán comenzaron a chegar os primeros pilotos cos seus modelos, co obxecto de adicar a xornada á montaxe e probas. Angel del Real, Presidente do Clube As Gaivotas, estrenou o seu novo Yak que finalmente non puido voar o domingo debido a problemas co seu motor. Agustín Rey voou a súa Pilatus Porter, pero o máis intrépido foi Ramiro Padín, que co seu Katana apenas aterrizaba para encher o depósito e axiña volvía a sair. Antonio Morales, que chegou dende Málaga, adicou a xornada ó axuste do seu espectacular Pitss S12, modelo de 2,70 metros de envergadura e motor DA 150. Paco Piñeiro dende Pontevedra trouxo a súa Pitts Python, algo máis pequena que a de Antonio pero igual de espectacular.

O domingo amaneceu o día algo anubrado, pero as nubes non impediron os voos e fóronse disipando ó longo da mañán. O evento abriuse coa demostración de paramotor a cargo de Jaime Roca. A partires de ahí sucedéronse os voos, algúns espectaculares coma os realizados por Paco Puento co seu Sukhoi de Sebart. Luis Montenegro deleitou co seu Canadair e Agustín Rey e José Manuel Miranda coas tablas acrobáticas. Houbo algunhas curiosidades, coma o pequeno modelo eléctrico de voo circular de Roberto Rabina ou as pasadas que dedicou ó público o Lancair real de un dos socios do Clube.

Con estos mimbres, o evento dol próximo ano será unha cita ineludible.

 

Na sección «Galería» podedes ver algunhas fotos do evento.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *