Bo Nadal!!!

Dende As Gaivotas desexámoste un bo Nadal e Feliz Aninovo.

(E que Papá Nöel che traia moitos avións ou helicópteros…)

Probas para o ano 2011

Xa temos o calendario de probas para o vindeiro 2011:

  • 27 de febreiro de 2011: Campionato Galego de F3P (Indoor) de Cerceda
    • Lugar: Pavillón Polideportivo de Cerceda (a determinar)

  • 23 de abril de 2011: 1ª Proba Campionato Galego de F5J (veleros térmicos)
    • Lugar: Pista de Rodís (Cerceda)

  • 28 de maio de 2011: 2ª Proba Campionato Galego de F5J (veleros térmicos)
    • Lugar: Pista de A Queimada (Oza dos Ríos)

  • 25 e 26 de xuño de 2011: IV Open Internacional F3A Cerceda 2011 – World Cup
    • Lugar: Pista de Rodís (Cerceda)

  • Agosto de 2011: II Centollo Meeting e Día do Clube
    • Lugar: Pista de Rodís (Cerceda)

FPV en Cerceda

Un dos nosos socios, afeccioado ó FPV, enviounos este vídeo grabado na pista de Cerceda

FPV AS GAIVOTAS CERCEDA from CALYPSO on Vimeo.

Se vos pareceu interesante, no próximo ano 2011 poderedes participar no encontro desta especialidade que se celebrará nas instalacións de Cerceda. A data aínda está por determinar, pero xa os informaremos.

Apúntate á Cea de Nadal

Xa temos menú para a Cea de Nadal. É o seguinte:

Croquetas e Empanada

Combinado de Parrilladas de Carne e Pescado con Guarnición

Bebida, Postre e Café

O precio é de 16 € por persoa e, como resultado da enquisa, os socios que o desexen poderán vir acompañados das súas parellas.

Os interesados poden apuntarse enviando un correo electrónico a: contacto@asgaivotas.com.

Reserva a data da Cea de Nadal do Clube

A tradicional Cea de Nadal do noso Clube será o día 17 de decembro (venres) no Restaurante “La Tosta”.

Aínda que en breve enviaremos a correspondente notificación por carta, xa podes reservar a data.


Ver mapa más grande

Asemade, te pedimos a túa participación na enquisa que estamos facendo para saber: É mellor que a cea sexa só para os socios ou a facemos extensible ás parellas respectivas?

Non deixes de opinar!!!

Prohibición de Vuelos en Cerceda

Hemos recibido de la Guardia Civil la confirmación de la NOTAM, así como la indicación de la prohibición para el vuelo de cualquier tipo de avión o modelo en Cerceda durante el día de mañana sábado 6 de noviembre de 2010.

Recordamos a nuestros socios que la pista de A Queimada en Oza dos Ríos, no está afectada por esta prohibición.

NOTAM para o 6 de novembro de 2010

A Federación Aeronáutica Galega envíanos esta NOTAM (Notice to Airmen) sobre as prohibicións e restricións ó tráfico de aeronaves no contorno de Santiago de Compostela para o vindeiro 6 de novembro de 2010.

No noso caso, estará afectada por atoparse dentro da zona de tráfico restrinxido, a pista de Rodís (Cerdeda), aínda que non ocurre o mesmo coa de A Queimada (Oza dos Ríos).

Centollo Meeting

Temos xa unha lista actualizada de pilotos para o Centollo Meeting:

  • Jesús Bagües…………………: Corsair 2,80/Moki 215 e Futura/Jet Cat 160 (Jet de 2,80 m. de lonxitude)
  • Antonio C. Morales Ibeas……: Pitts S12 de 270 cms. de envergadura/DA 150
  • Víctor Calvo……………………: Gee Bee R3/Moki 250, Ultra Bandit/Jet Cat 180, Flash de CARF/Jet Cat 160, Extra 300 2,30/DA100 (Racer)
  • Hermelando……………………: Bücker Jungmann (Saito 180), Katana 260 (DA100)
  • Eladio / Iván González…………: Mig 15 / Jets Munt 160
  • José Ríos………………………: Corsair / Moki 215
  • Víctor Lle󅅅……………: Pitts S1A/3W120 e ASW22 de 6 metros de envergadura

Recordamos que o evento terá lugar o vindeiro domingo día 15 de agosto de 9:00 a 14:00 na pista de Rodís en Cerceda.