Os pronósticos cumpríronse: Joan Rombaut e Andrés Leoni foron os dous primeiros clasificados no 1º Open Internaciaonal As Gaivotas celebrado o pasado fin de semana en Cerceda.
O pasado fin de semana tivo lugar en Cerceda o 1º Open Internacional de Acrobacia F3A organizado polo Club As Gaivotas. Joan Rombaut e Andrés Leoni foron os dous primeiros clasificados tal e como apuntaban as predicións iniciais na táboa A. O terceiro clasificado foi Cris Rombaut, que conta con dous títulos de Campeón de España en Acrobacia F3A.
Na táboa B, o primeiro posto foi para Mario del Valle, o segundo para Cristian Paradela e o terceiro para Beatriz Moral Martínez, a primeira muller que compite neste modalidade de aeromodelismo.
ANT TV pasou pola pista de Rodís no concello de Cerceda para falar cos protagonistas deste campionato que promete repetirse no próximo ano.