Cerceda acollerá un dos campionatos de acrobacias máis importante
a nivel internacional os días 28 e 29 de xuño
10.05.2008 | 07:07
/**/
Aeromodelismo. Bocixa e Raquel Rey
Para celebrar o seu 25 aniversario, o Clube de Voo As Gaivotas,
organiza o Open Internacional de Aeromodelismo Acrobacia F3A.
A cita terá lugar o último fin de semana de xuño na pista de
aeromodelismo de Rodís, no Concello de Cerceda.
ANT TV estivo con varios dos responsables do clube e pasou unha
xornada cos participantes do curso de aeromodelismo que tamén
leva a cabo no Concello de Cerceda. Un deporte diferente que
cada vez atrae a máis persoas desexando probar a experiencia de
pilotar un avión.
Enlace ao artículo en A NOSA TERRA e ver video