Máis de 300 persoas acoden a Cerceda atraídos polo campionato galego de aeromodelismo acrobático
- Autor:
- La Voz 25/9/2007
Unhas 300 persoas acudiron este domingo a Cerceda para presenciar o II Campionato Galego de aeromodelismo acrobático. Ésta foi a primeira vez que a pista, construída polo Concello en Rodís, acolle unha proba destas características. O recinto foi inaugurado o domingo e aglutinou a ao redor de 30 pilotos, chegados desde diversos puntos do territorio galego.
Os membros do club As Gaivotas, encargados de organizar o acto, ofreceron a posibilidade aos asistentes de apreciar as evolucións dos participantes pero, sobre todo, de ver que se pode facer cun destes avións. Ademais, o tempo acompañou e o sol, que luciu durante toda a xornada favoreceu a asistencia de visitantes de varios concellos dos arredores da localidade.
Clasificación: En categoría FE A-B, Juan Manuel Miranda das Gaivotas e Christian Paradela, dos Diaños. En F3 A-C. Francisco Piñeiro, de Pontevedra, Camilo Cobas e Miguel Ángel Boedo, ambos dos Diaños.