Cerceda acolle un campionato autonómico de aeromodelismo
- Autor:
- La Voz 23/9/2007
O Club As Gaivotas de Cerceda organiza a segunda e última proba do campionato galego de aeromodelismo da clase F3A-B e F3A-C.
A competición, que comezará ás 10.00 horas, terá lugar no lugar das Seixas, na parroquia de Rodís. A proba conta coa presenza de dezaoito deportistas que loitará polo título ata as dúas da tarde.
Cada concursante deberá realizar tres mangas e en cada unha delas deberá efectuar 15 figuras co seu avión.
Pola tarde, o club As Gaivotas organiza unha exhibición de carácter libre nas instalacións que comezarán ás 17.00 horas.
Enlace ao artículo en La Voz de Galicia