Artículo en La Voz de Galicia. 22/9/2007

Rodís acolle unha proba galega de aeromodelismo

Autor:
La Voz 22/9/2007

Mañá, o novo circuíto As Seixas, en Rodís, o Club As Gaivotas Aeromodelismo Cerceda, que preside Ramiro Padín, acolle a segunda e última proba do campionato galego F3A.

A competición, que comezará ás 10.00 horas, desenvolverase ata as 14.00. Nela tomarán parte 18 participantes, que deberán realizar tres mangas. En cada unha terá que realizar 15 figuras fixas cos seus avións.

Tamén informou Ramiro Padín que pola tarde haberá unha demostración, pero será de carácter libre e de exhibición. Nesta oportunidade, a sesión comezará ás 16.30 horas.

 

Picha aquí para ler o artículo en La Voz de Galicia  

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *